Tutorial WordPress 2.7 MU


TABOLEIRO
Ao acceder á sección de administración do blogue sempre entramos no noso Taboleiro ou escritorio.

Cada opción do menú pode estenderse ofrecendo as diferentes posibilidades. Tamén podes arrastrar os módulos de todas as seccións, para colocalos onde che resulte máis cómodo e, deste modo, personalizar o teu taboleiro.

Anotacións: Crear anotacións – Edición – Categorías – Etiquetas

Medios: Biblioteca (listado) – Engadir

Ligazóns: Edita – Crea – Categorías das ligazóns

Páxinas: Edita – Crea. Son como as anotacións pero non se integran na orde das anotacións e non teñen etiquetas.

Comentarios: leva directamente a moderar as discusións do teu blogue.

Aparencia: Estilos visuais – Widgets (para configurar as barras laterais do blogue) – Editor (esta opción de editor non é recomendada para principiantes).

Engadidos: son pequenas aplicacións instaladas en Blogaliza para dotar os blogues de funcionalidades adicionais. Por exemplo, se activas o engadido de «Chuza», aparecerá despois de cada anotación do blogue un botón para que calquera lector/a poida promover a túa anotación para a súa publicación en Chuza. Podes activar os engadidos que desexes utilizar no teu blogue. Se tes calquera dúbida con algún deles podes enviarnos un correo a admin@blogaliza.org e botarémoste unha man co que faga falta.

Usuarios: o WordPress soporta roles de multiusuario para as distintas funcións.

Ferramentas: facilitan tarefas dentro de Blogaliza (podes, por exemplo, publicar contidos sen entrar no teu blogue).

Configuración: Distintas posibilidades de mostrar anotacións, lectura, escritura… aquí dispomos a configuración xenérica do noso sistema de publicación.