Shozu é un servizo que permite publicar case calquera cousa en múltiplas redes sociais, e mesmo nos blogues de Blogaliza, desde o móbil.
Para isto é preciso rexistrarse na súa páxina desde o pc ou navegando desde o mesmo móbil e descargar e instalar no móbil a aplicación que nos permitirá movernos de forma activa polas nosas redes.
Despois deberemos escoller e engadir os lugares onde queremos publicar as nosas fotos, os nosos vídeos ou os nosos textos. Tamén é posíbel enviar todos estes contidos a un enderezo de correo electrónico.
Para acceder ás nosas contas haberemos de identificarnos unha soa vez para cada unha. É certo que se trata de información privada que cedemos a Shozu, e alá cadaquén se o considera aceptábel ou non.
Feito todo isto poderemos poderemos actualizar as nosas contas de Facebook, Youtube, Flickr, Twitter e, como xa dixen, o teu blogue de Blogaliza se engades a ligazón a WordPress.
Un punto importante: para facer uso do móbil como dispositivo de publicación na rede é preciso contar cunha tarifa plana de datos. Nestes momentos creo que andan a partir duns 10 € ao mes.